publicidade hoxe

Palas de Rei e Melide compartirán grupo de vixiancia ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelidePalas de Rei
A-
A+

Os Concellos de Palas de Rei e Melide comparten, ata finais de ano, un Grupo de Vixiancia Ambiental, integrado por 12 persoas, das cales 2 teñen a condición de capataz. Este Grupo de Vixiancia Ambiental levará a cabo labores de atención ó Peregrino, Vixilancia ambiental, actuacións en emerxencias e seguridade. Está finaciado o 50% con fondos da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental e o 25% do Concello de Melide e o 25 % do Concello de Palas de Rei.

Tanto o alcalde de Palas, Pablo Taboada, como a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez coinciden en salientar que “é importante que o Grupo poída estar presente nestas épocas de maior actividade e máis agora que ámbolos dous Concellos teñen dúas Rutas de Peregrinaxe(Primitiva e Francesa) declaradas Patrimonio da Humanidade, unha das cales(primitiva) optivo a distinción recentemente”. Asimesmo, creen  que “o Grupo de Vixiancia Ambiental debería de consolidarse de maneira estable no tempo, xa que os dous Concellos teñen necesidades importantes  para manter operativo un Grupo deste calibre todo o ano”

14 de xullo de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.