Ourense acollerá a presentación do Ribeiroblues Wine Festival

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Este venres día 31 de Xullo vaise celebrar na Praza das Mercedes da cidade de Ourense a segunda presentación do Ribeiroblues Wine Festival, festival organizado polo concello de Castrelo de Miño en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

Para amenizar o evento acompañaran a xornada as bandas Gin Sonic de Vigo e Killer Trucks de A Guarda a partires das 23:00h . A organización acompañará a presentación cunha mesa-degustación na que se poderán catar algúns dos viños participantes.

O festival, que terá lugar no náutico de Castrelo de Miño os días 7 e 8 de agosto, contará coa presenza de  Khalif Wailing Walter (USA), Shanna Waterstown & The Hawks (USA),  J. Teixi Band (España); Big Lis & Gumbo Band (Galicia),  The Tetas´Van (Ourense), Virginia Labuat (España); Jeb Rault & The Trío (USA & Galicia) e Johnny Cat & The Poor Dogs (O Ribeiro)

 Vintetrés son as adegas que apostaron por esta iniciativa proposta polo concello de Castrelo de Miño coa colaboración da D.O. Ribeiro:  ELISA COLLARTE, POUSADOIRO, VIÑA COSTEIRA,SOLAINA MINEI, ADEGA ELOI LORENZO, BARUXO, ADEGA VIÑA CARPAZAL, ADEGA MARÍA DO PILAR, CUNQUEIRO, ALTER VIÑA DA CAL, RAMÓN DO CASAR, ISSUÉ, EDUARDO PEÑA, O ALBOREXAR NO RIBEIRO, ANTONIO MONTERO, LEIVE, BODEGAS VALDEPUGA, AMALIA DIEGUEZ MARTÍNEZ, QUINTA DO REBOLO, BODEGAS GÓMEZ SANMARTÍN, MIGUEL ÁNGEL GARRIDO RAÑA, VILLANUEVA, CUME DO AVIA

Todas elas conformarán o salón do viño, onde se poderán degustar os seus mellores caldos.

31 de xullo de 2015 | 10:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.