Os V Torneos de Pádel e de Tenis Cidade de Ferrol disputaranse do 7 ao 15 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

Ferrol acollerá o V Torneo de Pádel Cidade de Ferrol, e o V Torneo de Tenis Cidade de Ferrol, dende o 7 ao 15 de agosto nas instalacións do Casino Ferrolano Tenis clube e patrocinados polo Concello de Ferrol.

O Torneo de pádel contará con catro categorías masculinas, así como unha de “veteranos +90”, que supón que ningún dos dous xogadores pode baixar de 40 anos e que entre os dous teñen que sumar máis de 90 anos de idade. Haberá tamén categoría mixta e feminina, co sistema de cadro único que deriva en outros tres máis.

Doutra banda, o Torneo de Tenis Cidade de Ferrol conta con categorías masculinas e femininas, en benxamín, alevín, infantil, cadete, absoluta e veteranos de máis de 35 anos.

A inscripción está aberta para ámbolos dous torneos ata o 4 de agosto incluído. Pódese realizar na páxina web www.doblered.net

A organización prevé que nestes V Torneos Cidade de Ferrol cheguen a participar preto de 400 deportistas. 

30 de xullo de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.