Os socorristas da Coruña rescatan a cinco persoas que foran arrastradas polas correntes no Matadero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSucesos
A-
A+

Os membros do servizo de socorrismo que vixían a praia do Matadero realizaron no día de hoxe ata cinco rescates de bañistas no lado dereito do areal, na zona das rochas, a consecuencia da mar de fondo das últimas horas. Os tres primeiros producíronse ás 14.00 horas, momento no que unha muller de 79 anos foi levada pola corrente e tivo que ser asistida por un socorrista, que lle colocou o material de rescate ata que a moto de rescate faíxose cargo dela e sacouna da auga. Á esa mesma hora, o traballador que fixera o apoio ao anterior rescate tense que tirar á auga a auxiliar a outras dúas mulleres, de 76 e 70 anos, que se atopan na mesma situación.

Neste caso non foi necesaria a intervención da moto acuática, xa que o propio socorrista foi capaz de levalas ata o areal. As últimas intervencións tiveron lugar pola tarde. Ás 16.55 horas, os socorristas observaron as dificultades dun neno de 9 anos debido á forte corrente da auga e levaron ao rapaz cara á beira. Preto das 19.00 horas, outro neno, este de 11 anos, tivo que ser levado de volta á praia despois de que a corrente o levara cara adentro cando estaba nadando. En ningún dos casos fíxose precisa a asistencia sanitaria, xa que todas as vítimas saíron polo seu propio pé.

O motivo das incidencias desta xornada está na forte corrente, que arrastra cara á zona das rochas da parte dereita de Matadero, e que fai que a xente que entra na zona de correntes non sexa capaz de saír. É por este motivo que os socorristas piden precaucións e respecto ás normas aos usuarios e usuarias das praias: a zona das correntes esta sinalizada con bandeira vermella e estanse dando avisos por megafonía para que se extremen o coidado.

8 de xullo de 2015 | 20:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.