Os representantes de DS Smith presentarán as súas intencións ao Concello de Vilagarcía tan pronto como competencia aprobe a venta de Lantero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os representantes da empresa DS Smith que adquiriu a totalidade da empresa Lantero desprazaranse a Vilagarcía tan pronto como Competencia de o visto bo á operación de compra da cartoneira do Pousadoiro. Aínda que o contrato de compra venta xa está firmado, os británicos prefiren que a operación estea pechada formalmente co beneplácito do órgano administrativo antes de vir a presentarse ao Concello. A reunión que esta tarde mantivo o alcalde, Alberto Varela, no Concello foi co representante da familia Lantero e co actual xerente, que permanecerá no cargo cos novos donos. 

O desta tarde foi pois un encontro formal que tivo como obxectivo que Lantero e Hijos trasladara ao goberno local de forma oficial a venta da cartoneira. No encontro tamén se confirmou que os terreos da praia Compostela quedan fora da operación cos británicos polo que, pese a continuar sendo titulariddae de Lantero e Hijos, a negociación do convenio urbanístico para o seu desenvolvemento enmarcarase nunha situación distinta.

Como xa lle comentara telefonicamente ao alcalde a semana pasada, o portavoz de Lantero comentou en que á venta foi unha decisión difícil de tomar para a familia dado o especial cariño que lle tiñan á firma coa que se deron a coñecer en toda España, pero insistiu en que no parecer da familia a venta á empresa líder no sector é a mellor opción para a viabilidade e futuro da fábrica asentada en Vilagarcía dende a década dos 50.

O actual xerente, que continuará na empresa unha vez se faga efectivo o cambio de titularidade, anunciou ao rexedor que os representantes de DS Smith teñen previsto presentarse oficialmente aos responsables do Concello de Vilagarcía tan pronto como Competencia aprobe a operación, e de parte dos mesmos invitou ao novo goberno a vistar as instalacións de Lantero xa coa nova dirección.

Nesa próxima visita e como xa anunciara, o alcalde preguntará aos directivos de DS Smith polos da firma británica para fábrica de Vilagarcía e trasladaralles a preocupación do goberno local pola situación da plantilla. Varela tamén exporá o desexo do Concello de que a emblemática cartoneira sega ligada a Vilagarcía, mantendo a súa actividade no municipio e que o futuro de Lantero siga ligado a Vilagarcía.

2 de xullo de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.