publicidade hoxe

Os nenos da Escola de Ocio de verán gozan coa proxección de “El valiente Despereaux”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

Unha monitora do Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias (SPAD) visitou está mañá ós nenos da Escola de Ocio e Tempo Libre de verán (escola que organiza o Concello de Ribadumia na Casa da Cultura). A visita de hoxe consistiu na proxección da película “El valiente Despereaux”,  e enmárcase dentro da actividade organizada polo Servizo Preventivo coñecida como “El cine como elemento de prevención”.

Con esta actividade preténdese empregar o cine como ferramenta educativa a través do uso de valores e factores de protección para a prevención da drogodependencia entre os máis pequenos e baixo o lema de educación para a saúde.

Baixo este obxectivo, a película traballa valores de convivencia, superación de medos, o perdón (etc.); valores cos que os pequenos puideron traballar máis a fondo a través dunhas unidades didácticas que lle foron entregadas despois da película.

Obradoiro de bebidas saudables 

Ademais, o Servizo de Prevención visitará mañá de novo ós pequenos da escola para realizar xuntos un obradoiro de bebidas saudables. Trátase dun taller que se imparte todos os anos no colexio Julia Becerra e que este verán se traslada ata os pequenos da Escola de Ocio e que tenpor obxecto fomentar o consumo de bebidas saudables, ofrecendo unha alternativa ao consumo de bebidas alcohólicas e azucradas comerciais, así como incrementar a información sobre os efectos e as consecuencias derivadas do consumo abusivo do alcohol. 

Estas actividades englóbanse dentro do convenio que a Concellería de Servizos Sociais de Ribadumia ten co SPAD de Vilagarcía e que inclúe actividades e programas para os pequenos. 

27 de xullo de 2015 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.