Os locais de Pontevedra aínda poden coller os carteis da norma de venda de tabaco e alcohol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra, a través do Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas, quere facilitar o cumprimento da normativa sobre as medidas reguladoras da venda, subministro, consumo e publicidade do tabaco (Lei 42/2010 que modifica a Lei 28/2005- BOE núm. 318 do 31 de decembro de 2010) e do alcohol a menores de 18 anos (Lei 11/2010-DOG núm. 248, do 28 de decembro de 2010), polo cal o ano pasado o Concello repartiu a cartelería que informa da citada normativa.

O mes pasado repartíronse as pegatinas para as máquinas expendedoras de tabaco coa lexislación actual e se repuxeron os carteis deteriorados.

Se algún establecemento precisa máis exemplares poden recollelos en información do concello, na rúa Michelena 30, ou solicitalos ao e-mail pgonzalez@pontevedra.eu

30 de xullo de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.