Os edís socialistas Carlos García e Tomás Castro toman posesión como concelleiros
No día de hoxe tomaron posesión os concelleiros do Partido Socialista de Tordoia, D. Carlos García e D. Tomás Castro (constituíndose como Grupo Político Municipal), quedando así contituida a corporación definitiva deste concello, onde polo tanto estarán representados tres dos principais partidos políticos na nosa comunidade, PP, PSOE e BNG.
Outro punto da Orde do Día de hoxe foi a posta ao día das licencias de taxi neste concello, en adaptación á nova Lei da Xunta de Galicia que regula o funcionamento deste servizo de transportes.
En Informacións da Alcaldía, destacar que o Alcalde informou da posta en funcionamento do Punto de Atención á Infancia a partir de primeiros de Setembro, coas prazas cubertas xa na súa totalidade. Tamén informou que se iniciaron as obras de construcción dun parque infantil nas inmediacións deste centro, financiado pola Consellería