publicidade hoxe

Os catro grupos municipais do Carballiño apoian as demandas dos veciños de Madarnás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Os grupos políticos con representación no concello do Carballiño, PsdeG-PSOE, PP, BNG e Alternativa Veciñal do Carballiño, apoian integramente a proposta realizada pola asociación de veciños de Madarnás, consistente en que se manteñan os accesos ós distintos núcleos rurais das parroquias e acordan, por unanimidade, darlle o beneplácito ós acordos definitivos que estes veciños negociaen coa Axencia Galega de Infraestructuras da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia.

Así o manifestaron, asinando o documento, os catro responsables das agrupacións politicas do concello do Carballiño

Cabe lembar que a Asociación de veciños Madarnás manifestoua sua preocupación polos traballos de pintado da estrada OU- 902, Carballiño- Lalín, xa que afecta ás comunicaciones e servizos das poboacións da Esgueva, Casar y Madarnás, e incluso para acceder a igresia.

14 de xullo de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.