Os canteiráns Isma e Quique farán a pretemporada co primeiro equipo do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Ismael e Quique

Ismael e Quique

Ismael Vázquez Villares “Isma” (24/7/1996) e Enrique López Otero “Quique” (22/3/1997), dous canteiráns das filas brancas, realizarán a pretemporada co primeiro equipo do Santiago Futsal. Ambos xogadores forman parte do conxunto xuvenil do Santiago Futsal que a pasada temporada acadou o título de campeón de Liga Galega e disputou o Copa de España na que se enfrentou ao FC Barcelona en cuartos de final.

Tras os éxitos acadados co seu conxunto a pasada temporada, agora o técnico Santi Valladares conta con eles para realizar a pretemporada co primeiro equipo, que comezará o vindeiro luns 3 de Agosto. Isma e Quique terán a oportunidade de traballar co corpo técnico e cos xogadores do primeiro plantel premiando o seu traballo e esforzo, e podendo demostrar as súas cualidades tanto nos adestramentos como nos partidos que disputarán os santiagueses antes do comezo da competición oficial.

30 de xullo de 2015 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.