Os Bolechas regresan a Vilagarcía nunha máquina do tempo
Os nenos e nenas de Vilagarcía reciben este verán a visita duns vellos amigos. Trátase da familia dos Bolechas que regresan cun espectáculo cargado de fantasía, humor e diversión. O venres, 31 de xullo, a partir das 20:30 horas, no Salón García os irmáns Bolechas, co seu can e algún que outro amigo bastante tolo, protagonizan “Os Bolechas na Máquina do tempo”. A entrada é libre e de balde ata completar aforo
Este novo espectáculo dos Bolechas chega a Vilagarcia a través do programa falaRedes de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e coa colaboración do servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía. A función ten unha dobre compoñente didáctica, xa que, ademais de estimular o uso da lingua entre os máis cativos introducíndoa nas súas actividades lúdicas e de lecer, a través do seu argumento tamén busca achegar aos cativos as primeiras nocións de historia.
“Os Bolechas na Máquina do Tempo” mestura teatro e concurso. O espectáculo comeza coi descubrimento dun estraño aparellos que resulta ser una máquina do tempo que Carlos e Pili terán que probar. Tras varios viaxes no tempo, e convertidos en persoas adultas, o problema será buscar o xeito de que os irmáns volvan a ser nenos. Para iso contarán coa axuda do público e do Doutor Apolodoro.
Trátase dun espectáculo teatral no que monicreques e actores reais interactúan co público que será quen axude aos Bolechas, a través dun concurso por equipos, a superar as probas que fagan posible devolver a Pili e a Carlos á súa época infantil.
A función ten unha duración de 60 minutos e, aínda que é un espectáculo familiar apto para todos os públicos, os seus contados están especialmente adaptados ao público de educación Infantil e Primaria.











