Os Bolechas convidan aos cativos de Vilagarcía a unha divertida viaxe no tempo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

“Os Bolechas na Máquina do tempo” é o título do novo espectáculo que a familia máis divertida de Galicia regresa a Vilagarcía para facer pasar un bo rato aos máis cativos. A partir das 20:30 horas, o salón García, acolle mañá venres unhha función na que actores reais e monicreques intercatúan co público ao que fan partícipe dunha divertida e interesante historia con formato de concurso e viaxe no tempo. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Este novo espectáculo dos Bolechas chega a Vilagarcia a través do programa falaRedes de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e coa colaboración do servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vilagarcía. A función ten unha dobre compoñente didáctica, xa que, ademais de estimular o uso da lingua entre os máis cativos introducíndoa nas súas actividades lúdicas e de lecer, a través do seu argumento tamén busca achegar aos cativos as primeiras nocións de historia.

“Os Bolechas na Máquina do Tempo” mestura teatro e concurso. O espectáculo comeza coi descubrimento dun estraño aparellos que resulta ser una máquina do tempo que Carlos e Pili terán que probar. Tras varios viaxes no tempo, e convertidos en persoas adultas, o problema será buscar o xeito de que os irmáns volvan a ser nenos. Para iso contarán coa axuda do público e do Doutor Apolodoro.

Trátase dun espectáculo teatral no que monicreques e actores reais interactúan co público que será quen axude aos Bolechas, a través dun concurso por equipos, a superar as probas que fagan posible devolver a Pili e a Carlos á súa época infantil.

A función ten unha duración de 60 minutos e, aínda que é un espectáculo familiar apto para todos os públicos, os seus contados están especialmente adaptados ao público de educación Infantil e Primaria.

30 de xullo de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.