Os alumnos da Escola Técnica de Xoiería do Atlántico amosan as súas xoias no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra
A Escola Técnica de Xoiería do Atlántico, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, exporá as xoias realizadas polos seus alumnos e ex-alumnos na sede do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.
“2004-2014, 10 anos de xoias de autor no Atlántico” amosa máis dun cento de pezas de noveis creadores e deseñadores consolidados, nas que prima a creatividade sobre o material e nas que se valoran o concepto e a estética do autor, pezas nas se reflicten o carácter e sensibilidade de cada artista.
Moitas destas xoias foron premios nacionais ou internacionais en multitude de eventos ós que creadores do Atlántico se presentaron en países coma Letonia, Italia, Grecia, Portugal ou España.
Pode considerarse unha exposición única en toda a Península Ibérica que permite percorrer, a través das xoias, a estética de cada época histórica.
A mostra inaugurase o xoves 23 de xullo na sede do Servizo de Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra (r/ Padre Amoedo, 1, Pontevedra). O acto contará coa presenza de deseñadores da Asociación Española de Diseñadores y Creativos de Joyería y Orfebrería “Joya de Autor”, así como de creadores formados en Galicia e noutras comunidades.
“2004-2014, 10 anos de xoias de autor no Atlántico” poderase visitar ata finais de mes, de 10:00 a 14:00 ho











