Os 46 cativos do Summer Camp de Oroso protagonizarán a exposición “Arte no Carboeiro”,

Summer Campo Oroso
Os 46 nenos e nenas do Summer Camp de Oroso realizaron esta mañá unha saída para pintar no Parque do Carboeiro (Sigüeiro). Unha iniciativa na que cada participante realizou un lenzo empregando as distintas técnicas de pintura que lles aprenderon os monitores do campamento de verán: salpicado, soprado, técnicas mixtas nas que empregaron elementos da natureza, etc
Unhas obras coas que o Concello de Oroso organizará unha exposición no Centro Cultural de Sigüeiro, que poderá ser visitada por todos os veciños e veciñas que o desexen. A mostra, denominada “Arte no Carboeiro”, será inaugurada o próximo martes 4 de agosto, ás 11:30 horas, polos concelleiros de Ensino, Beatriz Rodeiro; e Cultura, Luís Rey. A participación no acto é totalmente libre e de balde.











