Organízase unha ruta polo Cabo Udra para este sábado
Este sábado comezamos agosto cunha ruta de sendeirismo dun percorrido duns 10 quilómetros dende o porto de Beluso ata cabo Udra polo sendeiro litoral. Cunha duración de tres horas e media de dificultade baixa, darase a volta ao cabo, pasando pola Aula de Natureza de Cabo Udra e regresando polo mesmo camiño. A saída será desde o porto de Beluso ás 9.30 horas e está organizada por Turismo de Bueu para dar a coñecer os diferentes sendeiros con encanto da vila.
Ao igual ca nas rutas anteriores, os que desexen anotarse poderán facelo gratuitamente na Oficina de Turismo, chamando ao 986324457 ou enviando un correo a turismo@concellodebueu.org.











