Obras de restauración do teito de lousa da igrexa de San Tirso de Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A igrexa de San Tirso de Palas de Rei encóntrase, nestes momentos, en Obras de restauración do seu teito, ante o deterioro constante que sufriu, nestes últimos anos, debido a paulatina entrada de auga que provocou a podredume de certas vigas sobre as que se asentaban a cuberta de lousa.  Os párrocos da igrexa, estiman que o orzamento das obras será superior ós 30.000 euros.

A igrexa de Palas de Rei é un dos puntos neurálxicos da vila de Palas de Rei, ao ser o punto de encontro de númerosos fieis e devotos que acuden a diario as súas orzacións, pero tamén, por se encontrar en pleno camiño Francés de peregrinaxe a Compostela, o que motiva que centos de camiñantes acudan a diario ós seus rezos e a sellar a credencial. Polo momento as Obras non están impedindo o acceso do público  ao  seu interior, aínda que certos espazos interiores do inmoble atópanse momentaneamente acotados a consecuencia da colocación de andamios e dos traballos de restauración.

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, interesouse polas obras de restauración que se están levando a cabo, e acompañado dos párrocos da igrexía de San Tirso visitou o inmoble donde comprobou o grado de deteriorización que a auga provoco na estructura do teito. A súa vez, o alcalde trasladou a intención do Concello de Palas de Rei de colaborar nas obras de restauración que se están levando a cabo na igrexía.

23 de xullo de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.