O verquido na praia de Raxó da semana pasada responde a un producto xabonoso
Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Poio confirma que o verquido producido na praia de Raxó a semana pasada trátase dun verquido dun producto xabonoso, tal e como, confirman as análises feitas. Isto constata que son, practicamente nulas, as posibilidades de que existan conexións incontroladas de vivendas á rede ao terse modificado recentemente o trazado por mor das inundacións xeradas na época invernal nunha vivenda edificada no seu cauce.
Non obstante, por parte desta Concellería, estase procedendo á verificación de todo o trazado para descartar a existencia dalgunha conexión clandestina, que no caso de existir, recibirá a oportuna sanción administrativa.
Asemade, estase a facer seguimento dos sumidoiros da rede de pluviais conectada ao cauce canalizado do regato que desemboca na praia dada a alta probabilidade de que, a través dalgún dos mesmos, se realizase o verquido de deterxentes e/ou outros productos cáusticos.
Facemos un chamamento a colaboración cidadá para que se adopten todas as precaucións precisas cando se manipulan, tnato para uso doméstico como profesional, estos productos e evitar así que se produzcan novos verquidos .
Por último decír que, dende o Concello de Poio, podemos garantír a todos/as os/as veciños/as e turistas que a calidade da augas dos nosos areais son optimas para o baño, tal e como, reflicten os datos dos controis feitos o pasado día 30 de xuño.