O TSXG desestima a pretensión dun particular de Ourense do aproveitamento das augas de As Burgas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de dictar unha sentencia firme pola cal desestima o recurso contencioso-administrativo interposto por un particular contra a denegación de concesión de aproveitamento das augas mineiromedicinais e termais dos manantiais “Burgas d’Arriba” e “Burgas d’Abaixo”.

Deste xeito, o Alto Tribunal galego non recoñece ao reclamantes un documento que lles outorgaba a explotación da auga das Burgas, preservando así a titularidade pública dos terreos nos que se atopan as augas e o dereito preferente do Concello a solicitar e obter, no seu caso, o aproveitamento das mesmas.

O TSXG fai referencia nos fundamentos xurídicos da sentencia que “(…) existiendo una vinculación inmemorial de las fuentes a un uso público general por los vecinos y visitantes, estando calificado su entorno de BIC, sitio histórico”

A sentencia é firme e contra a mesma só se poderá interpoñer recurso de casación en interés de Lei.

1 de xullo de 2015 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.