publicidade hoxe

O Sergas asina o contrato para a construción do centro de saúde da Valenzá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarbadásLocal Portada
A-
A+
Sinatura do contrato. Foto: X. Crespo

Sinatura do contrato. Foto: X. Crespo

A directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Lourdes Vilachán, e o representante da UTE EXTRACO, SA. + MISTURAS, S.A, Martín Isauro, asinaron hoxe, no Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade, o contrato para a construción dun centro de saúde en Valenzá-Barbadás (Ourense), cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013. O importe da obra é de 3.087.114 millóns de euros e un prazo de execución de 11 meses.

Os espazos máis importantes recollidos no programa funcional do centro son, unha área de medicina con 5 consultas de medicina xeral, 5 consultas de enfermería, 1 consulta de matronas, 1 sala de educación para a saúde, 1 consulta de odontólogo + hixienista, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, 1 sala polivalente, 1 sala de muller con aseo, 1 consulta de atención urxente, 2 consultas de pediatría, 2 consultas de enfermería pediátrica, sala de estar do persoal, sala de xuntas e biblioteca.

20 de xullo de 2015 | 13:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.