publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Sergas adxudica a construción do centro de saúde da Valenzá por máis de 3 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarbadásLocal Portada
A-
A+

A Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar á Unión Temporal de Empresas EXTRACO, S.A + MISTURAS, S.A. a construción do centro de saúde da Valenzá-Barbadás (Ourense), cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, por un importe de 3.087.114 de euros e un prazo de execución de 11 meses.

Os espazos máis importantes recollidos no programa funcional do centro son, unha área de medicina con 5 consultas de medicina xeral, 5 consultas de enfermería, 1 consulta de matronas, 1 sala de educación para a saúde, 1 consulta de odontólogo + hixienista, 1 sala de toma de mostras, 1 sala de técnicas, 1 sala polivalente, 1 sala de muller con aseo, 1 consulta de atención urxente, 2 consultas de pediatría, 2 consultas de enfermería pediátrica, sala de estar do persoal, sala de xuntas e biblioteca.

14 de xullo de 2015 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.