O Santiago Futsal organiza xornadas de captación para categoría xuvenil
Santiago Futsal organiza xornadas de captación destinadas a xogadores de categoría xuvenil, é dicir, aqueles xogadores nacidos nos anos 1997, 1998 e 1999 que estean interesados e queiran probar os métodos de adestramento e de traballo do club.
Tras o éxito conseguido a pasada campaña, na que o conxunto alzouse co título de campión de División de Honra Xuvenil Grupo 1, chegando a disputar a Copa de España cos campións dos diferentes grupos e enfrontándose ao FC Barcelona no partido de cuartos de final, agora abren as súas portas a todos aqueles interesados en formar parte do club e vestir as cores do Santiago Futsal.
As devanditas xornadas realizaranse durante a última semana de Agosto e a primeira semana de Setembro. Para solicitar información ou inscribirse nas xornadas de captación, poderán poñerse en contacto co adestrador do equipo xuvenil, David Rial, na dirección de correo electrónico davidrial.santiagofutsal@hotmal.com











