O Rio Natura Monbus Obradoiro ficha a Alec Brown

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Alec Brown

Alec Brown

O Rio Natura Monbus Obradoiro chegou a un acordo con Alec Brown para a tempada 2015/16. Esta á-pivote de 2,15 metros e 23 anos procede dos Bakersfield Jam, equipo do D-League asociado aos Phoenix Suns, quen o elixise na segunda rolda do draft de 2014 (posto 50) e cos que disputou as dúas últimas edicións da NBA Summer League nas Veigas.

O norteamericano vén de promediar 7.0 puntos (45.8% en tiros de dous, 35.4% en triplos e 79.3% en libres), 3.5 rebotes e 2.0 tapóns nos 20 partidos que disputou na citada Liga de Desenvolvemento desde o mes de febreiro.

Natural de Winona, Minnesota, realizou o seu ciclo universitario completo en Wisconsin-Green Bay, onde se proclamaría campéon da súa conferencia (Horizon League) en 2014 e conseguiría formar parte do Quinteto Ideal da mesma en 2012 e 2014.

“Alec é un xogador novo e diferente, un 2.15 con boa man, coordinado e móbil. Xa o tentamos incorporar o pasado verán, pero unha inoportuna lesión impediuno. Do mesmo xeito que os Phoenix Suns e toda a contorna do xogador, consideramos que o Rio Natura Monbus Obradoiro pode ser un excelente lugar para desenvolver o seu potencial, mellorar fisicamente, gañar experiencia e engadir rexistros ao seu xogo, mentres nos axuda a conseguir os nosos obxectivos, como fixeron antes outros xogadores. Ademais, incorporamos ao cadro de persoal a outro xogador de máis sete pés, o que non é sinxelo en equipos do noso rango orzamentario”, afirma o director xeral do club, José Luís Mateo.

31 de xullo de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.