O Rio Natura Monbus contará con dous representantes no Eurobasket U18
O Eurobasket U18 comezará este xoves 23 e o Rio Natura Monbus Obradoiro estará dobremente representado, tanto na Division A como na B. Santi Yusta, novo xogador do equipo santiagués forma parte da lista definitiva dada por Luís Guil. Pola súa banda, o axudante do corpo técnico Dan Petts estará presente con Inglaterra.
Na División A de o torneo, España está encadrada no grupo A, onde xogará contra Francia, Ucraína e a República Checa. No plano persoal, Santiago Yusta pretende axudar o máximo posible. “Neste europeo pretendo sacar o mellor do meu en cada partido, e demostrar o que sei facer á vez que axudar ao equipo en todo o posible, tanto en ataque como defensivamente”.
Colectivamente o xogador madrileño márcase obxectivos ambiciosos. “O principal obxectivo do equipo é alzarnos co campionato, pero para iso temos que axudarnos uns a outros en cada situación do partido e traballar ao 100%. De momento, polo que vemos nos adestramentos e partidos previos, estamos capacitados para facelo perfectamente”.
A Selección Española U18 xa gañou tres veces este torneo, que curiosamente se disputou no ano 1976 en Santiago de Compostela, no antigo pavillón de Sar.
Por outra banda Dan Petts, axudante do corpo técnico e adestrador do equipo junior do Rio Natura Monbus Obradoiro, formará parte do equipo inglés Ou18. O Eurobasket U18, neste caso de División B, disputarase nas cidades austriacas de Gussing, Oberwart e Fürstenfeld. Inglaterra está encadrada no grupo A e xogará contra Estonia, Albania, Suíza, Polonia e Bulgaria.











