publicidade hoxe

O Real Club Náutico Portosín convida os armadores galegos a tomar parte no nacional de Cruceiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPorto do Son
A-
A+

O Real Club Náutico Portosín organiza esta tempada uno dos eventos máis destacados do panorama náutico galego, o I Trofeo Pitusa Sabín – Campionato de España ORC Zona Galicia, enmarcado na XXVII edición da regata Mar de Finisterre.

Durante os días 22 e 23 de agosto a Ría de Muros e Noia será testemuña da pugna entre os Cruceiros por facerse co título e representar á comunidade galega na gran final nacional que se disputará en augas da cidade do Turia no mes de outubro, acollendo Valencia aos tres representantes galegos das categorías ORC 1, 2 e 3, na súa totalidade, 15 embarcacións resultantes das 5 Zonas españolas.

O pasado mes de maio, o presidente do Real Club Náutico Portosín, Fernando González, remitía unha carta a todos os armadores e armadoras galegos e galegas convidándolles á participación neste I Trofeo Pitusa Sabín, coa convicción de ofrecer os mellores servizos do Club, tanto en materia deportiva como de instalacións, cunha brillante mariñeiría e restauración.

O Real Club Náutico Portosín atópase nunha localización xeográfica extraordinaria, cunha mariña apracible e tranquila para o descano de barcos e tripulacións, así como unha ría na que o vento está garantido todo o ano.

O I Trofeo Pitusa Sabín celebrarase en dúas xornadas, contemplándose o desenvolvemento de probas de percorrido costeiro así como trazados técnicos entre aboias, tipo barlovento-sotavento.

1 de xullo de 2015 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.