O programa Máis Galego de TVG roda en Bueu este 25 de xullo
Xa deu comezo a terceira temporada do concurso de Televisión de Galicia, Máis Galego. Este programa realizado pola produtora Rodaxe, emítese de luns a venres ás 17.30h na Televisión de Galicia dende o pasado luns 13 de xullo. Tras rodar programas en A Coruña, Ourense, Vigo, Vilagarcía de Arousa e O Grove, o equipo visita a vila de Bueu na pescuda do equipo “máis galego”.
A competición ten lugar por equipos de dúas persoas que se enfrontan entre sí para demostrar que son os que mellor representan a Galicia. Os resultados que obteñan nas tres probas que prantexa o programa, serán os que determinen aos vencedores.
Primeira proba: Cultura xeral. Cinco preguntas con catro posibles respostas sobre Galicia e sobre Cangas diferenciadas por cinco categorías a seleccionar polos concursantes: persoeiros galegos, gastronomía e festa, xeografía e natureza, cultura xeral e historia e tradicións.
O Reto do Galego: un reto que pode ser gastronómico, de refraneiro popular, de música tradicional, ou calquera sopresa que reciban os concursantes dos nosos presentadores.
O Xogo Tradicional: un campionato de xogos populares galegos como tirar da corda, carreira de sacos ou as tartarugas de madeira.
Aqueles interesados en participar, non teñen máis que enviar un correo electrónico cos seus datos (nome completo, e-mail e teléfono) a maisgalego@crtvg.es ou ben no teléfono 679710540.











