publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O programa Colabora é a última novidade do PAAR de Campo Lameiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo Lameiro
A-
A+

O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro presentou o acordo de colaboración acadado coa empresa Frutos Secos El Nogal para o patrocinio do renovado formato de lecer nocturno dos sábados do mes de agosto: Noitepedras “Classics”. Desta maneira, o parque acentúa a súa oferta de produtos culturais para o mes estival por excelencia, que ademais resulta o máis propicio para contemplar os petróglifos baixo a luz das estrelas. Mais alá da visita guiada nocturna, este programa ofrece a posibilidade de escoitar un concerto de música clásica da man do virtuoso violínista armenio Kamo Petrosian, mentres se degusta un saboroso asado prehistórico.

Este acordo de colaboración entre ambas as entidades quedou plasmado no día de onte, o 29 de xullo, coa entrega dun diploma de agradecemento por parte do noso xerente, César Abella, á directora xeral de Frutos Secos el Nogal, María Quintas. Este acontecemento inaugura simbólicamente o noso programa COLABORA, baseado na sinerxía do Parque con empresas privadas e outros organismos, co fin de fomentar a participación destas entidades no deseño da programación anual e de eventos especiais.

 

29 de xullo de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.