O proceso de contratación aberto para o subministro de material de construcción e sinalización finaliza o día 11 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O Concello de Lalín recorda que o prazo para a presentación de documentación  sobre proceso de contratación aberto de subministración, denominado “SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE CONSTRUCCIÓN, PINTURA, SINALIZACIÓN E FERRETERÍA”, remata o día 11 de agosto. A documentación requerida para participar no presente proceso está a disposición dos interesados no perfil do Contratante do Concello de Lalín, así como no departamento de Secretaría e Contratación en horario de 09.00 a 14.00 horas.

O obxecto da licitación  é a subministración de catro lotes de material. En concreto, un de material de construción, outro de pintura, un terceiro de sinalización e un cuarto de  ferretería, para o Concello de Lalín. O orzamento para os catro lotes, con IVE incluído, ascende a 48.400  euros, cun contrato adxudicatario dun ano e baixo a posibilidade de prorrogarse un ano máis. 

30 de xullo de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.