publicidade hoxe

O pleno do Carballiño aproba a ordenanza reguladora do prezo público para o campamento de Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O pleno Carballiñés aprobou a ordenanza reguladora do prezo público para o campamento de Porto do Son, que se celebrará dende o 14 o 21 de agosto, cos votoso favorables do PsdeG-PSOE e Alternativa Veciñal, a abstención do BNG e os votos en contra do PP.

O principal debate deste pleno foi precisamente eso, a celebración do pleno extraordinario, xa que todolos grupos consideraban que era ilóxico convocalo xa que o gasto sería superior que o importe a cobrar polo concello pola  actividade plantexada. Deste xeito todolos grupos anunciaron que non cobrarían estas dietas, a proposta do alcalde Francisco Fumega, quen iniciou o pleno anunciando esa renuncia por parte do seu grupo municipal. A maioria dos grupos aportaran estes cartos a causas benéficas do pobo.

O grupo de goberno argumentou a celebración deste pleno extraordinario en base a que “as ordenanzas anteriores para dita actividade do campamento de verán, estaban mal redactadas, o aparecer en todas as datas e o lugar de celebración, o que supon un impedimento para adaptalas o actual campamento de 2015.  Por elo apostamos pola redacción dunhas ordenanzas xenéricas que eviten este tipo de trastorno nun futuro”. Así mesmo o voceiro municipal do PsdeG-PSOE Adolfo Nogueira destacaba que “non entendemos o voto en contra do PP, cando foi o edil anterior Rodrigo González Hermida, quen deixou a proposta do campamento así como o prezo a cobrar de 85 euros, antes de rematar o seu mandato. Logo foi o PP quen fixo esta proposta que agora votan eles en contra do que fixeron”.

A celebración dun pleno extraordinario para, únicamente a aprobación deste prezo público, ven motivado pola non delgación na xunta de goberno para este tipo de accións municipais, denegación que se fixo no anterior pleno por parte dos grupos da oposición, e que motivou que o alcalde retirara ese punto da orde do día do citado pleno. Así mesmo lembraba o grupo de goberno que “a necesidade de celebrar este pleno ven argumentada polo informe dos técnicos municipais, no que se nos instaba a cumprir os prazos marcados por lei, o que obrigaba a realizar este pleno canto antes”.

6 de xullo de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.