O plan para a legalización do Conde de Fenosa non elimina ningunha vivenda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Goberno local remitiu no día de hoxe o avance da proposta na que se está a traballar para a legalización do edificio Conde de Fenosa á comunidade de propietarios, un proxecto co que o Concello busca o cumprimento da legalidade coa intervención mínima posible e co menor dano para os e as residentes e para as arcas públicas. O documento de traballo para adecuar o inmoble á normativa de aplicación non implica a eliminación de ningunha vivenda. Nel tampouco se afecta practicamente á superficie das vivendas e si inclúe algunhas melloras que teñen que ver coa seguridade, en especial na protección contra incendios. A proposta contempla a retirada dos torreóns do edificio, o que non supón unha perda de superficie.

O concelleiro de rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, presentou na tarde de onte a título informativo o documento de traballo á comunidade de propietarios, que hoxe recibiu a proposta, dentro da liña de transparencia e diálogo na que traballa o Goberno local. O trámite, que permitirá aos residentes opinar sobre o proxecto municipal e, no caso de que proceda, facer propostas que incorporar ao mesmo, non afecta, non obstante, aos prazos legais do proceso.

29 de xullo de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.