O Plan de Emprego Municipal achega á Asociación de Comerciantes Vigo Vello uns 50.000 euros
Abel Caballero asinou esta mañá un convenio coa Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigo Vello por un importe de 50.000 euros. Trátase, explicou o rexedor, dunha achega con cargo ao Plan de Emprego Municipal para cooperar na contratación de persoal, xestión e orgainzación de actividades desta entidade.











