publicidade hoxe

O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro presenta “NoitePedras”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo Lameiro
A-
A+

Dende o vindeiro sábado, día 11 de xullo, o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro comercializará un novo produto de turismo cultural que pretende potenciar a actividade nocturna deste espazo arqueolóxico. Baixo esta marca aglutínanse cinco ofertas de lecer adaptadas a tódolos públicos, gustos e petos. Deste xeito, o usuario poderá escoller dende asistir a un concerto de música en directo por 3 euros, até a exclusiva experiencia que ofrece a “Cea Premium” que inclúe cóctel de benvida, visita guiada nocturna, concerto e cea degustación deseñada e presentada polo Chef Jorge Caeiro, de Casa Tito. No entanto, entre ambas opcións tamén atopamos outras posibilidades como a visita nocturna aos petróglifos ou a “Cea Pagana”.

A programación de concertos en directo xa está pechada para este mes de xullo, e conta coa presenza de artistas de relevancia internacional, comezando este mesmo sabado -11 de xullo- coa actuación de Fran Pérez “NARF”; o sábado 18 será o momento do famoso trío de jazz do cubano Alejandro Vargas, e o día 25 actuará o virtuoso violinista Kamo Petrosian.

Os diferentes servizos contan con prazas limitadas polo que é obrigada a reserva previa no seguinte teléfono ou correo electrónico: 986 696 066, reservas@paar.es.

 

7 de xullo de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.