O obradoiro “Xogando no verán” comeza a funcionar en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

O pasado un de xullo daba comenzo en Palas de Rei, o Obradoiro Xogando no Verán. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Celébrase, habitualmente, nas instalacións da Casa de Cultura, de luns a venres de 9 a 14horas nos meses de xullo e agosto. Ofrece diversas actividades monitorizadas como: multideporte, natación, obradoiros de zumba, cociña creativa, saídas locais, cine…

Xogando no Verán  está organizado polo Centro de Información a Muller de Palas de Rei e conta coa colaboración da Secretaria Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo, como unha medida para axudar a conciliar a vida familiar e laboral dos pais e nais.

Polo momento hai uns 45 nenos/as participanto neste Obradoiro, para poderse incorporar a el, é preciso contactar nas dependencias do Concello, ou ben chamar ao 982380001.

2 de xullo de 2015 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.