o obradoiro “Ponlle as pilas ao teu bocata” estará presente na V Mostra das Tradicións Mariñeiras na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Dentro das actividades da “V Mostra das Tradicións Mariñeiras” que organiza o Concello da Guarda ós próximos 24, 25 e 26 de xullo, estará presente o obradoiro “Ponlle as pilas ao teu bocata” promovido pola Xunta de Galicia.

A actividade, terá lugar o domingo 26 ás 19 horas, e nela poderán participar entre 60 e 120 rapaces e rapazas.

Un ano máis, a Consellería do Medio Rural e do Mar, pon en marcha esta actividade para por en relevo as múltiples virtudes das conservas de produtos de mar; o seu valor como fonte de enerxía asociada á forza, a vitalidade ou o crecemento. En este obradoiro os nenos e nenas participantes gozarán xogando, aprendendo e realizando o seu propio bocadillo a base de conservas.

A actividade ten unha duración aproximada de unha hora, e nela haberá tempo para unha introdución lúdica, un xogos e pos suposto, para a elaboración do bocata. 

Todos aqueles rapaces e rapazas, de entre 5 a 14 anos aproximadamente, que queiran participar nesta actividade deben cubrir unha inscrición previa. 

Desde hoxe, e ata o próximo día 23 de xullo, os interesados poden dirixirse a Oficina de Turismo instalada no Concello para cubrir o formulario, no que o pai/nai ou titor/titora do menor afirme que o rapaz ou a rapaza non é alérxico nin intolerante ás conservas.. Se aínda quedan prazas sen cubrir nos días que se celebre a “V Mostra das Tradicións Mariñeiras”, no punto de información  tamén se poderán facer efectivas as inscricións.

8 de xullo de 2015 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.