O nomeamento dos asesores do Concello de Ferrol realizarase cumprindo a tramitación administrativa municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O nomeamento do persoal eventual do Concello de Ferrol farase cumprindo os trámites esixidos na administración municipal. A modificación dos postos de persoal eventual de confianza será abordado no próximo pleno ordinario, posto que así o esixe a tramitación municipal do Concello.

No primeiro pleno do pasado 3 de xullo, o primeiro deste mandato, aprobouse a relación de persoal eventual da nova corporación municipal. Unha aprobación suxeita, segundo estipula a tramitación administrativa pertinente, a que a súa modificación se realice na vindeira sesión plenaria. Serán modificados para atender ás necesidades do actual goberno local, co obxectivo claro de que o seu traballo repercuta dun xeito positivo e claro na cidade de Ferrol.

14 de xullo de 2015 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.