O Massó acolle a presentación de ‘Ecos do grande norte. Recordaçoes da pesca do bacalhau’
O Museo Massó acolle este venres 10 de xullo ás 21 horas a presentación do libro Ecos do Grande Norte. Recordaçoes da pesca do bacalhau, de Valdemar Aveiro, na que estarán presentes Jesús Romero Ínsua, José Manuel Muñiz Ríos e María José Rodríguez. O libro fala da nostalxia dos mariñeiros e as súas historias incansables a bordo dos barcos. Baseándose nas súas propias experiencias no mar, o autor octoxenario relata as aventuras vividas no seu cuarto libro.
Valdemar Aveiro naceu en 1934 en Ílhavo no seo dunha familia de pescadores. Tras obter o curso de pilotaxe, embarcou a bordo de diferentes barcos, tales como o Santa Mafalda, Santa Joana, Sao Gonçalo ou Santa Isabel. No 1972 pasou a dirixir o Coimbra ata o ano 1988 que o tivo que abandonar por enfermidade.











