O Kaiak Tudense defenderá a primeira posición na liga de Pista Hernando Calleja
O Kaiak Tudense defenderá a primeira posición na liga de Pista Hernando Calleja, a Copa do Rei e a Copa da Raíña no Campionato de España de verán que se disputará durante tres días no Campo de Regatas de Verducido David Cal. O conxunto tudense presentarán 32 padexeiros para conseguir os seus obxectivos. Entre eles estarán Iván Alonso, Ramón Ferro e Óscar Graña, medallistas no pasado Campionato de Europa de maratón.
A cita do fin de semana comezará o venres e prolongarase até o domingo. Disputarase nas distancias de 1.000, 500 e 200 metros, tanto na modalidade de kaiak como de canoas. Tamén en barcos individuais como de equipo. O Kaiak Tudense, que se proclamou campión nacional por décima vez de forma consecutiva no Campionato de España de inverno disputado en Sevilla o pasado mes de marzo, é un dos favoritos tamén para o de verán.
Na actualidade lidera as clasificacións tanto da prestixiosa Liga de Pista Hernando Calleja Hernando Callejo como na Copa do Rei. Tamén é o mellor por puntos na Copa da Raíña, unha competición que comezou a disputarse na actual tempada. Os tudenses terán como grandes adversarios ao Club Piragüismo Aranxuez e ao Náutico de Sevilla, clubs cos que mantén unha gran rivalidade nos últimos anos.
O Kaiak Tudense acode á cita con Iván Alonso, Óscar Graña e Ramón Ferro, entre outros padexeiros. O tres lograron medallas no Campionato de Europa de maratón que se disputou o pasado fin de semana en Eslovenia. Xunto a eles tamén competirán Roi Rodríguez, Rubén Millán, Gabriel Pavón, Rubén Piña, Ana Varela, Carla Pérez ou José Luís Bouza, entre outros deportistas até completar a cifra de 32.
Esteban Alonso, director deportivo do Kaiak Tudense, declarou que “imos competir e a loitar por conseguir os títulos. Pero non será sinxelo, xa que os nosos rivais demostraron ser moi fortes. A loita vai ser intensa”.











