O IMD debaterá os máis de 212.000 euros para organizar eventos, axudar a clubes e mellorar instalacións deportivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Instituto Municipal de Deportes (IMD) celebrará o vindeiro luns, 13 de xullo, unha xunta reitora na que se debatirá unha modificación de crédito por valor de 249.100 euros.

As partidas máis significativas van destinadas á mellora de infraestruturas deportivas do concello, e especialmente á organización de diversas actividades deportivas, así como a axudas á promoción da actividade física e do deporte. Entre todas elas o investimento é de 212.000 euros. As partidas que inclúen a modificación de crédito son:

• Servizos extraordinarios do persoal do IMD: 15.000 euros

• Indemnización por asistencia a órganos colexiados: 6.500 euros

• Actuacións no Pavillón Municipal: 40.000 euros

o Subministro e colocación de balizas de sinalización nos peldaños das escaleiras do Pavillón Municipal: 19.366,05 euros

o Subministro de sinalización de vías de evacuación: 2.000 euros

o Subministro e instalación de xenerador para subsministro de enerxía de reserva: 18.633,95 euros.

• Accións de mantemento e conservación nos pavillóns e campos de fútbol municipais: 20.000 euros.

o Reparación da zona de acceso a Pavillón Multiusos de A Xunqueira: 6.795,36 euros

o Subministro material combustible para sustitución da iluminación dos campos de fútbol: 4069,14

o Sustitución da iluminación no Pavillón C.P. Xunqueira II: 9.135,50 euros.

• Axudas para a promoción do deporte: 52.600 euros.

o Subvencións para a organización das Escolas deportivas municipais 2015-2016: 42.600 euros

o Subvencións do 4º trimestre de 2015 con carácter excepcional e de grande interese público: 10.000 euros.

• Organización de actividades deportivas de grande interese social: 100.000 euros.

o Carreira popular Santiaguiño do Burgo: 10.000 euros

o Carreira popular Campañó 2015: 8.000 euros

o Medio Maratón Cidade de Pontevedra: 25.000 euros

o Campos balonmán Cidade de Pontevedra “Davor Cutura” 2015: 12.000 euros

o Torneo internacional de Balonmán “Cidade de Pontevedra”: 35.000 euros

o Torneo internacional de Balonmán base “Cidade de Pontevedra”: 5.000 euros

o Trofeos e medallas: 5.000 euros.

• Adaptación do servizo do IMD á administración electrónica: 15.000 euros.

Esta modificación de crédito vai incluída na orde do día da Xunta reitora do IMD que abordará a Conta Xeral do ano 2014, así como a proposta de aprobación do expediente para a contratación das obras de substitución de bombas de calor por caldeiras de biomasa na sala de máquinas no Pavillón Municipal, e a convocatoria para a concesión de subvencións para o desenvolvemento de actividades de iniciación deportiva durante a tempada 2015-2016.

8 de xullo de 2015 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.