O Igape achega ás pemes coruñesas as claves para mellorar a súa internacionalización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O director do Igape, Javier Aguilera, salientou hoxe nunha xornada técnica, no ámbito do programa Reacciona, destinada a achegar ás empresas da Coruña ás claves para avanzar na súa internacionalización afondando nos aspectos xurídicos, laborais e fiscais relacionados cos procesos de apertura a mercados exteriores que a actualización permanente do coñecemento empresarial é fundamental para que os emprendedores e directivos das pemes poidan enfrontar con seguridade e mellores garantías os procesos de iniciación ou consolidación da súa internacionalización.

A xornada técnica desenvolvida esta mañá na sede do Club Financeiro Atlántico organizada en colaboración con PwC forma parte do ciclo promovido polo Igape en diferentes localizacións como complemento formativo dos servizos avanzados que ofrece, a través do programa ReAcciona, para facilitar melloras da competitividade empresarial. Este programa segue activo e as empresas interesadas en sumarse de inmediato poden solicitalo ata o próximo 24 de xullo.

A primeira fase do programa Reacciona permitiu desenvolver, durante os dous últimos anos, máis de 500 proxectos de mellora que beneficiaron a 328 empresas. A demanda das Pemes galegas está a ser aínda mellor na segunda fase do Reacciona, agora en marcha, polo que se agarda chegar a outras 300 empresas durante un ano.

Con este ciclo de xornadas técnicas Reacciona o Igape busca contribuír ao adestramento dos empresarios para que poidan optimizar a xestión das súas compañías, superar as dificultades ou e aproveitar novas oportunidades de negocio.

2 de xullo de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.