publicidade hoxe

O Hotel Spa Nanin Playa cumpre 20 anos en Sanxenxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSanxenxo
A-
A+
Hotel Spa Nanin

Hotel Spa Nanin

Preto de 20.000 estancias e algo máis de 12.000 clientes ratifican o bo facer do Hotel Spa Nanín Playa ao longo dos seus 20 anos de funcionamento, que se cumpren este xoves 2 de xullo. Son cifras tras as que atopamos unha empresa consolidada na que a diferenciación, a especialización no turismo familiar e o factor humano foron claves para asentar o éxito desta empresa familiar. Fundado pola familia González López que a comezos dos 90 decide investir en Galicia despois de anos de traballo en Venezuela onde emigraron polos anos 60, o Nanín Playa nace en 1995 como un apart-hotel para ofrecer aos turistas en Sanxenxo aquilo que os seus fundadores buscaban para as súas vacacións: comodidade, servizos adaptados á familia e un trato próximo, profesional e cálido.

O apart-hotel daría paso ao aloxamento hoteleiro e novos servizos iríanse implementando para ofrecer un produto diferente no que a aposta pola calidade foi unha prioridade desde o principio. De feito o hotel está integrado no SICTED a través do Compromiso de Calidade Turística en Destinos e conta coa Q de Calidade desde fai tres anos. O seu Director, Francisco González, explica que “pensamos sempre nun turismo familiar, tamén en tempada baixa, e mesmo no spa que abrimos hai dous anos, tamén con acceso infantil. Somos, ademais, un dos poucos hoteis de Sanxenxo, quizá o único, no que se pode acceder á praia directamente desde a piscina do hotel”.

Filosofía de empresa

Para o Hotel Spa Nanín a aposta pola calidade e a vocación de servizo están no ADN da empresa, grazas ao traballo dun persoal estable no tempo que permite ofrecer ao cliente un trato humano e persoal. Son moitos os clientes que ano a ano repiten estancia, reencontrándose de novo con caras coñecidas que coñecen os seus nomes e os seus gustos. 

“É algo que me gustaría destacar, o agradecemento a todos os clientes que nos visitaron, especialmente aqueles que nos seguen acompañado desde hai anos. Cumprir anos non sería posible sen eles pero tampouco sen o traballo e a profesionalidade do noso equipo humano, moitos deles levan connosco desde fai máis dunha década”, asegura González, que explica que mesmo o persoal de reforzo de verán é o habitual, o que ofrece unha sensación de seguridade e de confianza para os seus clientes. 

E o futuro? Desde o Hotel Spa Nanín teñen claro que o futuro pasa pola internacionalización da oferta e por seguir apostando por un turismo profesional e diferenciado no que non se deben esquecer as novas tecnoloxías, que supuxeron un cambio fundamental nos hábitos do viaxeiro.

“Desde o principio fomos os pioneiros en apostar polas novas tecnoloxías, fai xa 18 anos que dispomos de nosa propia páxina web e fomos tamén pioneiros en apostar polas redes sociais e as novas canles de comercialización, como factores de expansión e desenvolvemento fundamentais para o noso sector”, explica Francisco González. “Claramente o noso futuro pasa por seguir vinculados ao destino Sanxenxo como o primeiro destino vacacional de Galicia e referente no norte de España pero tamén a Galicia como destino multiexperiencial e multicultural que é e que nos aglutina a todos baixo a súa marca turística”, asegura. 

1 de xullo de 2015 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.