O goberno vilagarcián defende a eliminación do copago no centro ocupacional de Saiar
O goberno local de Vilagarcía du o seu apoio incondicional á Asociación de Nais e Pais do Centro Ocupacional de Saiar que se está a mobilizar en contra do copago que a Xunta de Galicia implanta este ano no centro de educación especial. O alcalde, Alberto Varela e a concelleira de Benestar, Tania García, recibiron este mediodía a catro representantes da ANPA para coñecer de primeira man a problemática que se lles presenta e ofrecerlles toda a colaboración do goberno vilagarcián.
As nais explicaron que coa medida imposte pola Xunta este ano, os usuarios do Centro Ocupacional pasarán de non pagar nada pola formación que reciben no centro, a ter que pagar unha suma para a media dios usuarios ascende ao 38,7% dos seus ingresos. A situación é moito máis sangrante para aqueles usuarios con rendas máis baixas, como os que disponen unicamente dunha renda non contributiva, da que a metade terán que destinar mensualmente ao pago do centro.
Tanto o alcalde como a concelleira puxeron de manifesto a insolidariedade da medida, en especial tendo en conta que se trata dun colectivo especialmente sensible e desfavorecido. Ante a “falta de sensibilidade” do goberno da Xunta de Galicia, o equipo presidido por Varela Paz comprometeuse a facer propias as reivindicacións da ANPA e a defender a eliminación do copago a través de iniciativas políticas que se presentarán tanto a nivel municipal como parlamentario. No caso do Concello de Vilagarcía, Varela propondrá consensuar un texto para elevar ao Pleno.











