O goberno local reúnese coa plataforma Salvemos Catasós

Reunión con representantes da plataforma
O tenente alcalde, Nicolás González Casares, e as concelleiras Celia Alonso e Lara Rodríguez, participaron hoxe nunha reunión de carácter informativo con membros da plataforma “Salvemos Catasós”. O Concello explicou na xuntanza o contido e as posturas saídas da reunión mantida días atrás con responsable de Gas Natural Fenosa. Así mesmo, os membros do goberno presentes expresaron de novo “o apoio sen fisuras á plataforma” e insistiron en que a posición do Concello “segue sendo a de soterrar o tendido eléctrico pola N-525”. Non obstante esclareceuse que o executivo “non está pechado novas alternativas saídas de negociacións con Fenosa e coa Xunta”. Neste aspecto, o tenente alcalde, Nicolás González Casares, insistiu en que “a pelota está no tellado da Xunta e son eles os que teñen que mover ficha”. Por outra parte, aproveitando a visita que mañá realizara a Lalín o Delegado Territorial, Xosé Manuel Cores Tourís, o Concello aproveitará para trasladarlle as demandas referentes ao conflito da Fraga de Casas Vellas.











