O goberno local interésase polas necesidades da UDIAF

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Cuíña e González na visita á UDIAF

Cuíña e González na visita á UDIAF

O alcalde e o tenente de alcalde  de Lalín visitaron a Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar do Deza (UDIAF). Rafael Cuíña e Nicolás González Casares escoitaron hoxe as demandas dos responsables da Unidade, que presta asesoramento e información ás familias e apoio ao desenvolvemento a nenos de 0 a 6 anos. Dende a súa inauguración, en xuño de 2009 prestou asistencia a máis de 300 cativos e familias na comarca do Deza.

A UDIAF presta asistencia a tódolos concellos da comarca do Deza, sendo a maior parte das familias atendidas (en torno a un 50%) residentes no Concello de Lalín. A UDIAF está localizada no edificio UNED, grazas ao convenio de colaboración que mantén AGAT co Concello de Lalín dende 2009. As familias son derivadas polos distintos servizos pero tamén acceden a través das referencias doutras familias.

Na actualidade a unidade está conformada por un equipo interdisciplinario con participación de 1 psicóloga, 1 psicomotricista, 1 logopeda e 1 administrativo. Trátase dun servizo totalmente gratuito para as familias do Deza. O contacto pode realizar a través da propia sede no parque empresarial Lalín 2000 ou ben chamando ao teléfono 986 794 466.

27 de xullo de 2015 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.