O goberno ferrolán rexeita o uso hostaleiro da pérgola do Parador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

Hoxe a mañá tivo lugar no despacho de Alcaldía unha reunión entre o alcalde, Jorge Suárez, a concelleira de Urbanismo, María Fernández Lemos, e José Antonio Cedena, director do Parador de Turismo de Ferrol.

Foi unha xuntanza de media hora para tratar de darlle unha solución a pérgola dos xardíns de San Francisco, que se serviron de fondos do Plan Urban, da UE. 

“Ningunha obra financiada con eses fondos pode ter usos comerciais e hostaleiros”, manifestou o rexedor ao remate.

Do contido da reunión, subliñar que o director do Parador confirmou ao Goberno local que non había acordo por escrito para o uso desa terraza e que todo fora feito de forma verbal co Executivo anterior. 

“O noso requirimento é que se quere usar un espazo público debe seguir os mesmos trámites que o resto de hostaleiros da cidade”, declarou Suárez. 

O director do Parador avanzou que pedirá permiso para situar unha terraza nos xardíns municipais pero, en ningún caso, na pérgola, que terá novos usos públicos para toda a cidadanía aínda por definir. 

24 de xullo de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.