O goberno de Vilagarcía leva a pleno a compra dos terreos que faltan para ampliar o campo de fútbol de Bamio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O goberno local de Vilagarcia desbloqueará no primeiro pleno ordinario do mandato a obra de mellora do campo de fútbol de Bamio mediante a adquisición dos terreos necesarios e que faltaban para poder acometer o proxecto. O Plano abordará a modificación de créditos necesaria para habilitar a partida coa que financiar a adquisición, posto que o anterior goberno nin deixara completo o proxecto nin previsto os fondos para a ampliación. O goberno local mantivo este mediodía unha xuntanza con directivos do Club de Fútbol Bamio para poñelos ao corrente das xestións.

No encontro participaron por parte do Concello a concelleira de Urbanismo, Paola María; o edil de Deportes, Argimiro Serén; e o responsable de Relacións Veciñais, Lino Mouriño; e por parte do club tres dos seus directivos. A responsable de Urbanismo amosoulles os planos do segundo proxecto que houbo que realizar para completar o elaborado polo anterior goberno e que obviaba aspectos como as medidas dos terreos de xogo e mesmo a construción de aseos. Con esta ampliación o terreo de xogo contará coas dimensións regulamentarias para a práctica de varias disciplinas deportivas, como por exemplo o rugby, un anuncio realizado polo anterior goberno que non foi recollido no proxecto inicial agora modificado.

Ademais, os concelleiros comentáronlle o estado das negociacións cos tres propietarios dos terreos que se pretenden adquirir para poder levar a cabo a obra de mellora do campo de fútbol con todas as garantías e servizos necesarios. O propio club mediou para poñer en contacto ao Concello con estes veciños. Segundo, explicou o goberno, todos os titulares amosaron boa disposición, calculándose o importe global da compra en torno aos 14.000 euros.

A mellora e instalación de herba artificial no campo de Bamio financiarase cunha subvención da deputación provincial. Dado que o proxecto tuvo que corrixirse e ampliarse, o custe do mesmo elévase, polo que o Concello está xestionando a utilización dos baixas nas adxudicacións para sufragar os custes engadidos das obras. A adquisición dos terreos corre por parte da administración local.

Con trámite que se elevará ao Pleno o vindeiro xoves desbloquéese unha obra que acumula xa un ano de atraso debido á improvisación e erros de xestión do anterior goberno e que o equipo de Alberto Varela está tratando de resolver coa maior brevidade.

22 de xullo de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.