publicidade hoxe

O goberno de Salceda propón reducir as adicacións exclusivas e as asesorías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de Caselas
A-
A+

O Equipo de Goberno de Movemento Salceda ven de presentar a propostaque se debatirá esta noite no Pleno de Organización que se celebrará ás 21:00. As propostasforon presentadas aos portavoces dos grupos políticos do PP e do PSdeGhai días, e ata o momento non se ten coñecemento da posición definitiva destes.

O Alcalde Marcos Besada conxela o seusoldo actual, un 16% máisbaixo que o que cobraba o seu antecesor do PP, e asume as áreas de Urbanismo e Coordinación de Proxectos.

A proposta supón a reducción de unhaAdicación Exclusiva e de unha Asesoría, que na lexislatura pasada tiña o PSdeG, que nesta ocasión decidiu non entrar a formar parte do Goberno. Preséntase dentro dos límites marcados por Lei, e consta de 3 Adicacións Exclusivas, 2 AdicaciónsParciais e 1 Asesoría, en lugar das 4Adicacións Exclusivas, 1 Adicación Parcial e 2 Asesorías que existían na anterior lexislatura.

O total dos custes de gobernoredúcese en 16.500 € anuais (un 8,8%), pasando de 187.500 € a 171.000 € brutos anuais.As Adicaciónsrepartiríanse do seguintexeito:

– LoliCastiñeira: Adicación Parcial de 22.400 € brutos anuais. Asumirá a 1ª Tenencia de Alcaldía, ademáis das áreas de Formación e Emprego, Sanidade, Turismo, Comercio e Consumo, Parques e Xardíns.

– Jose Luis González: Adicación Exclusiva de 32.000 € brutosanuais. Asumirá a 2ª Tenencia de Alcaldía, ademáis das áreas de Economía e Facenda, Persoal, Réxime Interior,  Tráfico e Seguridade. Ademáis exercerá a labor de Portavoz do Grupo Municipal de Movemento Salceda.

– Tere Pérez: Adicación Exclusiva de 27.300 € brutosanuais. Asumirá a 3ª Tenencia de Alcaldía, ademáis das áreas de Benestar Social e Igualdade, Cultura, Festexos, Ensino e Normalización Lingüística.

– Carla Pérez: Adicación Parcial de 22.400 €brutosanuais. Asumirá as áreas de Medioambiente, Deportes, Xuventude, Voluntariado, Participación cidadá e Novas tecnoloxías.

– Cándido Lorenzo González: SenAdicación. Recibirá compensacións por asistencia a Plenos, Comisións e Xuntas de Goberno. Asumirá a 4ª Tenencia de Alcaldía, así como as áreas de Vías e Obras, ServizosMunicipais e Medio Rural.

Marcos Besada considera que a proposta respecta os principios dunha remuneración adecuada, na medida de que implica resolver os problemas dos veciños e veciñas de Salceda e coa prioridade de garantir unhaxestión eficaz que mellore e consolide o proxecto de cambio e transformación de Salceda iniciado no 2007, e coas adicacións precisas para traballar en facerrealidade as 18 propostas que Movemento Salceda presento unas eleccións de maio para os vindeiros 4 anos, avaladas nas urnas por unhaamplamaioría social.

As áreas que ata o de agoraxestionaba o PSOE, Benestar Social, Formación e Emprego, Voluntariado e Deportes, forondistribuídas entre as concelleiras de Movemento Salceda, o que suporáunhamaioradicación horaria. A propostainclúe o reparto equitativo dos 36.400 € que ata o de agora percibían a Concelleira do PSOE e a súa Asesora por levar a cabo estas tarefas.

Por outra banda, no Pleno destanoiteaprobarasetamén a periodicidade das Sesións Ordinarias de Pleno, que serán o último venres dos meses pares ás 20:00 horas (salvo nos meses de xuño e agosto que serán ás 21:00). Elexiransetamén as/os representantes en Órganos Colexiados, que manterán a proporcionalidade da representación dos Grupos Políticos. Haberá 3 Comisións Informativas Permanentes, e crearaseunha especial de PXOM e Urbanismo.

2 de xullo de 2015 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.