O Goberno de Pontevedra aposta por Amizade para ser a voz do Concello na Fundación Galicia, de Abanca
O Concello de Pontevedra ultima nestas semanas a súa organización na que participan todos os grupos municipais representados na Corporación. Nunha recente Xunta de Goberno, acordouse a representación do Concello en distintos órganos colexiados.
Ademais das designacións delegadas nos propios concelleiros ou membros do seu partido, ou incluso de traballadores no caso de organismos especializados (edificio xudicial ou comisión de escolarización, por exemplo), cabe destacar a designación de Pablo Fontán Torreiro como representante da asociación Amizade na Fundación Galicia Obra Social (Fundación de Abanca) dado o interese do Goberno en dar entrada a asociacións da cidade – especialmente do ámbito social- en entidades que son un pilar moi importante para a dinamización sociocultural da cidade, e é preciso incorporar a voz destes colectivos nos órganos de decisión financieira da cidade.











