O goberno de Lalín interésase polas necesidades da praza de abastos da localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Rafael Cuíña e Nicolás González na visita á praza

Rafael Cuíña e Nicolás González na visita á praza

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña e o tenente alcalde, Nicolás González Casares, visitaron esta mañá a praza de abastos de Lalín, acompañados por técnicos de obras municipais, co obxectivo de revisar as deficiencias das instalacións e propoñer actuacións de mellora. Unha das demandas dos praceiros que quedou salvagardada xa no día de hoxe, foi a de reubicar os colectores do lixo do campo da feira na esquina oposta, para evitar así os malos cheiros á entrada do mercado.  Por outra parte, o Concello procederá á limpeza da viseira que recobre a entrada principal e poralle solución, coa maior celeridade, aos problemas de filtracións de humidade que afectan a diversos establecementos. Así mesmo, os responsables municipais de obras contactarán coa empresa de subministro eléctrico para que arranxen a trama de cableado que hai na fachada principal do mercado e que afea claramente o conxunto. Estas son algunhas das actuacións que se executarán a curto prazo, dentro dun conxunto de medidas coas que o Concello pretende revitalizar a praza de abastos para convertela nun dos centros neurálxicos sociais e comerciais de Lalín.

29 de xullo de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.