O Goberno de Ferrol urxe a Emafesa a rematar en sete días o informe exhaustivo e histórico da xestión da auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

Este martes celebrouse a primeira Xunta de Accionistas e o Comité de Dirección de Emafesa deste mandato. Foi unha reunión de, aproximadamente, 80 minutos que comenzou ás 13:00 horas na sala de xuntas do primeiro nas dependencias que Emafesa, a empresa mixta de augas de Ferrol, ten na cidade con Urbaser como socio privado.

En representación do Goberno local acudiron o alcalde, Jorge Suárez, e tres concelleiros: Beatriz Sestayo, Eugenia Freire e Bruno Díaz. 

O Consello de Administración, tal e como estaba previsto, non se puido celebrar hoxe pola non formalización de un dos membros. O motivo, segundo lle trasladou hoxe Emafesa aos membros do Executivo ferrolán, é que non consta a renuncia expresa do representante do PP, José Manuel Rey, designado no pleno do 2 de xullo. 

28 de xullo de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.