O Goberno de Ferrol reitera a súa aposta pola remunicipalización dos servizos públicos
Hoxe a mañá celebrouse a Xunta de Voceiros para dar conta, puntualmente, a todos os grupos da corporación local de toda a información dispoñible sobre a situación que levou ao Concello de Ferrol a ter que restrinxir o consumo de auga para beber e usos alimentarios durante catro días, entre as 13 horas do xoves 16 e as 19:30 do domingo 19.
Asistiron os voceiros de FeC, PSOE, BNG e Ciudadanos, Álvaro Montes, Beatriz Sestayo, Iván Rivas e Ana R. Masafret, e Martina Aneiros, polo PP. A reunión, das 9 as 10:30, quedara pendente o luns 20 pola coincidencia da convocatoria cunha xuntanza que o rexedor, Jorge Suárez, mantiña cos outros alcaldes dos municipios afectados -Narón, Fene, Neda e Ares- no edificio administrativo da Xunta na cidade.
O alcalde, Jorge Suárez, deu conta de todas as reunión mantidas con todas as partes e reiterou a súa total e inmediata disposición a participar nas dilixencias abertas pola Fiscalía para depurar todas as responsabilidades que se deriven e para esclarecer porque fallaron as canles de comunicación desde a Xunta e por parte de Emafesa, empresa mixta de Augas que ten toda competencia na xestión técnica a través do socio privado (Urbaser).
O Goberno local reitera que a súa aposta clara e firme é pola remunicipalización dos servizos públicos toda vez que se depuren as responsabilidades polo acontecido nas catro investigacións abertas polo Concello, Emafesa, a Xunta e o Valedor do Pobo.











