O Goberno de Ferrol recorre a sentenza do TSXG que exime a Navantia de aboar o IBI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno de Ferrol ten a  firme determinación de recorrer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que exime a Navantia, empresa pública de estaleiros, de aboar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) correspondente aos exercicios do 2010 e 2011 polos terreos do Ministerio de Defensa que ocupa na beira da ría.

Para as arcas locais, supón nunha mingua de 1,1 millón de euros que non se recadarían no orzamento municipal. Este Goberno local, e todas as corporacións anteriores, entenden que procede o cobro a empresa da SEPI (Sociedad Estatalde Participaciones Industriales) como da conta a longa batalla legal que o Concello de Ferrol mantén contra Navantia e Defensa polo IBI desde primeiros deste século.

Logo de estudar a fondo as opcións legais cos servizos xurídicos, o Goberno local dará un primeiro paso cara o recurso ao solicitarlle a Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG un complemento da sentenza que se comunicou esta semana. Vaise presentar este luns, antes de que remate o prazo de cinco días para facelo.

A resolución do TSXG desestima un veredicto anterior do xulgado do Contencioso Administrativo número un de Ferrol que se baseaba na xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e interpretaba a exención fiscal a Navantia como unha vantaxe contraria ao dereito comunitaria. 

“Coidamos que o IBI lle corresponde ao Concello e chegaremos ate o final para conseguir que Navantia abone ese IBI polos terreos que ocupa como todas as Administracións”, reiterou o rexedor, Jorge Suárez. 

24 de xullo de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.